XXII Congreso Nacional de Historia da Veterinaria

A Facultade de Veterinaria de León acollerá o próximo mes de outubro o XXII Congreso Nacional e XIII Iberoamericano de Historia da Veterinaria.

O congreso estenderase ao longo de tres días: 21, 22 e 23 de outubro e ten previsto, ademais das sesións académicas propias, a realización da asemblea da Asociación Nacional de Historia da Veterinaria e unha visita á cidade de Astorga.

Desde que no Congreso celebrado en Baeza en 2015 se acordou que o próximo Congreso das asociacións terían lugar en León neste ano 2016, todos os que nos preocupamos pola historia da profesión, estamos informados por diferentes medios de comunicació das datas e outras particularidades do mesmo, que terá lugar os días 21 ao 23 de outubro de 2016.

Efectivamente, celebraremos na milenaria cidade de León, o XXII Congreso Nacional e o XIII Congreso Iberoamericano de Historia da Veterinaria, cun lema que nos pareceu suxestivo e, por suposto, de estrita xustiza porque se dedica a dúas destacadas figuras veterinarias españolas: “Félix Gordón Ordás e Miguel Cordero del Campillo. 100 años de Historia de la Veterinaria en León”.

Pretendemos que a nosa reunión sirva de homenaxe a personaxes e feitos. Naturalmente, os dous personaxes centrais do Congreso son dabondo coñecidos pola profesión e, en xeral, polos historiadores.

En 2018, cumpriranse cen anos da primeira edición de “Mi Evangelio Profesional” de don Félix Gordón Ordás, obra editada na imprenta de La Democracia, diario republicano de León, que aborda temas da nosa historia desde distintos aspectos. Anticipámonos a ese centenario, aproveitando que o congreso de Historia da Veterinaria terá lugar na cidade natal de don Félix.

Outra particularidade do Congreso será a homenaxe, a modo de recoñecemento, aos iniciadores da ensinanza da Historia da Veterinaria española, na que se pretende destacar as figuras máis representantivas dos últimos anos.

Máis información