Presentado en Mazaricos “El ordeño, lo que es” un libro sobre a actividade leiteira nas granxas

Trátase dun libro fotodocumental que combina información técnica coa visión máis emocional dunha persoa que traballa día a día con vacas

Calier, a empresa do Grupo Indukern dedicada á saúde e o benestar animal, editou o libro “El ordeño, lo que es”, escrito polo veterinario José Luís Míguez, referente no sector bovino-leiteiro.

Trátase dun libro fotodocumental que quere mostrar a actividade leiteira que se realiza nas granxas, e que ademais de ofrecer información técnica sobre o ordeño e o seu proceso, tamén mostra con imaxes a visión máis emocional dunha persoa que traballa día a día coas vacas.

O libro “El ordeño, lo que es”, presentouse o pasado novembro en Mazaricos, no marco das Xornadas Técnicas do Sector Lácteo da Semana Gandeira 2016, na que participaron máis de 250 produtores.