Posición da Federación Veterinaria Europea fronte aos problemas co comercio dos cans

Posición da Federación Veterinaria Europea fronte aos problemas co comercio dos cans

O comercio prodúcese como resultado da oferta e a demanda e tecnicamente isto non é diferente se «o produto» pasa a ser un can. Entre os consumidores de Europa, hai unha marcada disparidade na
demanda de cachorros e cans adultos. Tendo en conta o feito de que o valor económico dun can é xeralmente alto e os custos de produción tenden a manterse moi baixos, a miúdo á conta de comprometer o benestar, e isto deu lugar a unha industria en auxe en Europa.

Aínda que os cans baixo a lexislación da UE sexan considerados «bens», son animais sensibles. A profesión veterinaria europea, aquí representada por FVE, UEVP e FECAVA, considera e así o subliña, que os beneficios nunca deberían ter prioridade sobre a saúde e o benestar animal ou a saúde pública e prexudicar o consumidor. Por tanto, facemos un chamamento a todos os involucrados para que traballen cara a un futuro no que os cans se comercialicen de maneira respectuosa e responsable, tendo en conta a saúde e a necesidades de benestar.

Nese sentido, a Federación Veterinaria Europea (FVE) expón unha serie de argumentos e recomendacións cara a un enfoque harmonizado, dirixido ao mantemento responsable, a cría e o comercio, de cans saudables e ben socializados. Tendo en conta non só o benestar dos cans, senón a saúde do público e que a protección do consumidor é esencial. A eficacia deste enfoque depende da boa colaboración e comunicación entre todos os involucrados.

Identifícanse dúas áreas chave:
I. Educación e sensibilización do público
II. Lexislación harmonizada cunha aplicación e un control adecuados

O documento completo aquí (.pdf)