Enquisa participativa acerca de aspectos de xestión e formación

A enquisa estará aberta deica o 31 de xaneiro. 

 

ESTIMADAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS:

Dentro das prioridades que a nova Xunta Directiva do Colexio de Veterinarios da Coruña se marcou na súa primeira reunión, está a necesidade de facer a TODOS OS COLEXIADOS coparticipes e coñecedores das diferentes iniciativas e propostas que se poñan en marcha e leven a cabo. Neste senso, consideramos fundamental coñecer as túas inquietudes no referente aos diferentes aspectos de xestión e servizos que se ofrecen dende o Colexio da Coruña.

Recibirás enlace con acceso a un cuestionario para dar a túa opinión.

É por iso, polo que che pedimos que cumprimentes este cuestionario, no que se recollen temas que van dende o Plan Formativo ata os tramites ou xestións que se fan a través do Colexio. Esta enquisa non te levará máis de 5 minutos e tes ata o 31 de xaneiro do 2016 para cumprimentala. A túa opinión é moi importante para que entre todos, podamos mellorar e adaptar o Colexio ás necesidades dos seus colexiados. Así, unha vez rematado o prazo e recompilada toda a información, faremos chegar aos interesados o resultados da mesma. Para iso, non esquezas en indicar no apartado correspondente que queres recibir dita información, e o enderezo electrónico onde remitila.

É tamén moi importante, que coñezamos si a persona que cumprimenta a enquisa traballa por conta propia ou allea, ao obxeto de determinar a viabilidade de ofrecer accións formativas subvencionadas pola fundación Tripartita.

MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN

Un saúdo.

O PRESIDENTE,
-Xoán Ramón Díaz Saavedra-
IMPORTANTE: Se non recibiches o link para participar na enquisa a través do correo electrónico podes acceder a el a través da área privada desta mesma web.