Forte repercusión dunha campaña na rede contra o abandono de mascotas.
A fundación francesa 30 Millions d’Amis ten na rede estes días unha campaña coa etiqueta #Nonalabandono (#Nonaoabandono) que en apenas un mes xa sumou máis de dous millóns de visualizacións e un intenso apoio nas redes.
O eixo da campaña é un vídeo de apenas minuto e medio onde nos conta unha historia, tráxica e fermosa á vez. O relato comeza cun can canda seu dono no hospital e a partir de aí, cunha ben deseñada superposición de flashbacks cóntannos o que sucedeu ata ese mesmo momento nas horas previas, onde o animal foi abandonado mais posteriormente salva a vida do home que o abandonou.
Un informe recente da Fundación Affinity indica que o ano pasado máis de 137 mil cans e gatos foron recollidos en España o ano pasado en refuxios e protectoras de animais. Unhas cifras que indican un modesto descenso nos últimos sete anos, pero que aínda nos sitúan a nivel estatal como unha das zonas de Europa con maior taxa de abandono de mascotas. Malia que os refuxios acostuman a permanecer cheos durante todo o ano, o verán ten sido tradicionalmente unha das épocas do ano onde existe a percepción social de que máis animais son abandonado.
Velaquí o vídeo da campaña francesa que paga a pena difundir:
Fonte: Botóns – Portal Educativo