Os delitos de medio ambiente e maltrato animal implicaron a detención de 2.274 persoas o ano pasado

As actuacións das diferentes unidades da Garda Civil e principalmente do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) deron lugar á tramitación de mais de 119.000 infraccións administrativas e de 2007 delitos contra o Medio Ambiente durante o ano 2015.

Continuar leyendo Os delitos de medio ambiente e maltrato animal implicaron a detención de 2.274 persoas o ano pasado

A raza celta, primeira da especie porcina que se adhire ao uso do logotipo “100% Raza Autóctona” para revalorizar os seus produtos

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente autorizou, mediante Resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, o uso do logotipo 'Raza Autóctona' á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL). Trátase da primeira raza da especie porcina que se adhire ao uso deste logotipo para revalorizar os seus produtos.

Continuar leyendo A raza celta, primeira da especie porcina que se adhire ao uso do logotipo “100% Raza Autóctona” para revalorizar os seus produtos

O Parlamento Europeo aproba novas normas para frear as enfermidades animais transmisibles

O Parlamento apoiou recentemente un conxunto de medidas para previr e atallar brotes de enfermidades animais como a gripe aviaria e a febre porcina africana, transmisibles entre animais e potencialmente tamén a humanos. O texto lexislativo, que xa foi acordado formalmente cos ministros dos 28 en xuño de 2015, céntrase na prevención e deberá permitirlles aos profesionais seguir o ritmo dos avances científicos.

Continuar leyendo O Parlamento Europeo aproba novas normas para frear as enfermidades animais transmisibles

Modificacións no temario do proceso selectivo de veterinarios da Xunta

Publicouse a Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o temario que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Continuar leyendo Modificacións no temario do proceso selectivo de veterinarios da Xunta