Carlos Franco Abuín novo membro da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

O profesor do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo, Carlos Manuel Franco Abuín, formalizou durante o pasado mes de xuño o seu ingreso como académico numerario da Academia de Ciencias Clínicas Veterinarias de Galicia, nun acto celebrado no compostelán Pazo de San Roque.

O discurso de ingreso pronunciado por Franco Abuín no seu acto de toma de posesión como académico de número desenvolveuse baixo o título ‘Un alegato en defensa do consumo de carne e alimentos de orixe animal’. A réplica á súa intervención correu a cargo do académico de número catedrático da USC Pablo Díez Baños.

O acto de ingreso de Carlos Manuel Franco Abuín na Academia Galega de Ciencias Veterinarias desenvolveuse no marco dunha sesión pública, á que asistiron, entre outros, o presidente da Academia, José Luis Factor Rodríguez, e a secretaria xeral da entidade, a tamén catedrática da USC María Patrocinio Morrondo Pelayo.

Máis información na web da Academia