Campaña sobre adopción e tenza responsable: Manifesto do Can sen Raza

A Asociación ‘Perrotón’ promove a celebración do Día do Can sen Raza o próximo día 28 de maio seguindo coas campañas de sensibilización en materia de adopción e tenza responsable de animais de compañía que leva a cabo ao longo do ano.

A campaña en colaboración con Tres60.multimedia está dirixida a promover e dar visibilidade a todos os cans sen raza que foron abandonados e acollidos nas diferentes fundacións e asociacións de protección animal de toda España.

Para esta campaña contarán cos soportes publicitarios repartidos polas diferentes estacións de AVE – RENFE en diferentes lugares. O obxectivo principal é concienciar os viaxeiros que utilizan o AVE e Proximidades RENFE nas diferentes cidades da xeografía española sobre a importancia do non abandono e o fomento da adopción e a tenza responsable de toda clase de cans na sociedade española, independentemente de que sexan de raza ou mestizos.

A campaña contará coa participación de dez fundacións e asociacións de protección animal españolas que terán a oportunidade así de dar visibilidade á importante e necesario labor que veñen realizando no día a día en materia de adopción e tenza responsable en beneficio dos nosos animais de compañía.

Velaquí o MANIFESTO DO CAN SEN RAZA

1. Son un can sen raza. Cando a xente pregunta a meu amo pola rúa de que raza son, gústalle responder con orgullo que son mestizo, un mil-leites ou un mil-sangues, sinxelamente, un can… o seu can.

2. Son un can sen raza, así que son un can exclusivo. Todo can sen raza é sempre orixinal, único. Non hai dous iguais.

3. Son un can sen raza. Un can con dúas orellas, dous ollos, un nariz, un rabo, catro patas e moitos dentes. Un can como todos.

4. Son un can sen raza. Á miña familia de humanos dálles igual se son o can máis guapo do mundo ou o máis feo.

5. Son un can sen raza, así que teño moitas máis posibilidades de pisar o veterinario só para poñerme as vacinas. Non é ningunha lenda urbana que os cans mestizos somos máis sans.

6. Son un can sen raza e o meu carácter é froito da selección xenética natural, o sistema máis sabio. É o que usades os humanos.

7. Son un can sen raza, como moitos outros cans que foron adoptados nunha protectora, que foron atopados ou regalados.

8. Son un can sen raza, pero non son un can que saia gratis. Todos os cans custamos diñeiro en comida, vacinas, residencias caninas, peluquerías, etc… iso sen contar que nos podemos poñer enfermos e necesitar un caro tratamento.

9. Son un can sen raza, aínda que os cans de raza son, no fondo, cans mestizos fotocopiados.

10. Son un can sen raza, é dicir, son un can tan bo como calquera outro
Máis información