Iniciativa do Servicio de Protección de la Naturaleza de la Guardia Civil (SEPRONA).
O spot nas redes:
O obxectivo desta campaña é concienciar a cidadanía para que promovan as medidas necesarias na protección, ordenación e benestar para os animais domésticos, así como para que denuncien aquelas condutas contrarias ao benestar animal das que teñan coñecemento.
A campaña está sendo divulgada a través das canles oficiais da Guardia Civil nas diferentes redes sociais e a través dos medios de comunicación social que desexen sumarse á iniciativa e facerse eco da mesma. No deseño e elaboración da campaña colaboran desinteresadamente diferentes membros do Seprona así como varios actores e actrices.
Durante a presentación da campaña lembrouse que en 2015 a Guardia Civil tivo coñecemento de 10793 infracións administrativas e 609 delitos nos que foron detidas ou investigadas 426 persoas por matrato animal. Segundo informan desde o propio Seprona, as redes sociais estanse amosando como unha ferramenta de gran utilidade para a colaboración cidadá á hora de esclarecer moitos casos de maltrato cara aos animais, ofrecendo en moitas ocasións datos clave para que algunhas investigacións rematen con éxito.
Datos maltrato animal en 2015
Entre as infracións e delitos detectados en 2015 hai que sinalar os 450 cans que foron abandonados; os 23 cans aforcados; os 44 vítimas de golpes ou palizas dos que 23 faleceron; os 47 feridos con armas de fogo dos que 27 faleceron e 115 cans envelenados. A estas cifras habería que sumar os 97 cans encontrados en estado de desnutrición e os 353 roubados.
A campaña #YoSiPuedoContarlo convida a cidadanía a sumarse gravando vídeos co slogan “yo sí puedo contarlo” ou con fotografías co hashtag #YoSiPuedoContarlo.
Quen coñeza algún caso de maltrato ou abandono de animal pode denuncialo no teléfono 062 e no correo electrónico seprona@guardiacivil.org ou a través dos propios perfís das forzas de seguridade nas redes sociais:
Twitter: @Guardiacivil
Facebook: GuardiaCivil.es
Instagram: Guardiacivil062
O making-of da campaña