Segundo o Código Sanitario para os Animais Terrestres da Organizacíón Mundial de Sanidade Animal (OIE), “o benestar animal é o modo en que un animal afronta as condicións nas que vive”. Os principios da OIE sobre benestar animal tamén mencionan as archicoñecidas “Cinco Liberdades”, que se publicaron en 1965 para describir o dereito ao benestar que teñen os animais que se atopan baixo o control do ser humano.
- libre de fame, sede e desnutrición;
- libre de medos e angustias;
- libre de incomodidades físicas ou térmicas
- libre de dor, lesións ou enfermidades; e
- libre para expresar as pautas propias de comportamento.
As normas de benestar animal da OIE non son medidas sanitarias pero tamén desempeñan unha importante función no comercio internacional porque son as únicas normas de aplicación mundial e con base científica que están acordadas polas nacións de todo o mundo con implicación no comercio. A harmonización das medidas respecto das normas intergobernamentais é un dos principios que aplica a OMC para facilitar un comercio seguro e evitar obstáculos innecesarios ao mesmo, e é igualmente aplicable ás medidas relativas ao benestar e á sanidade animal.
Pulsa na imaxe para ampliala: