A Comisión Europea aprobou a comercialización desta nova vacina.
A estatística indica que arredor do 15% dos cans censados a nivel español, o que sumaría no entorno de 780 mil cans, son afectados pola leishmaniose canina. A comezos de mes e coincidindo coa celebración do Día da Prevención contra a Leishmaniosis, coñecemos que a Comisión Europea autorizou a primeira vacina desenvolvida en España contra esta enfermidade.
O laboratorio Leti, que deseñou a vacina explica que está baseada nunha proteína sintética e asegura que reduce de xeito significativo os efectos secundarios da inmunización. O medicamento, posto a proba en España e Francia, sairá ao mercado a finais de ano. Trátase da segunda vacina comercializada en Europa con esta fin e a cuarta a nivel mundial.
Ficha técnica do produto na web da Eurocomisión (.pdf)