O logotipo presentouse a pasada semana no marco da Semana Verde de Galicia.
O logotipo xenérico “100% Raza Autóctona” abranguerá a partir de agora as cinco razas bovinas galegas: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.
Con este logotipo búscase protexer as razas autóctonas, preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de cría extensivos, que maioritariamente se empregan para a súa explotación. Isto supón un beneficio para a sustentabilidade do medio rural e do medio ambiente e permite realzar e potenciar a calidade destas razas.
Este selo pretende tamén facilitarlle ao consumidor unha maior información sobre o produto, á vez que para os produtores destas razas supón unha vantaxe comercial ao estaren todas elas catalogadas como razas en perigo de extinción.
Precisamente son as asociacións de criadores de animais de razas autóctonas as encargadas de solicitarlle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o uso deste logotipo. A maiores destas cincos razas, en Galicia xa están autorizadas as de Cabra galega, Ovella galega, Galiña de Mos e Porco celta.
Censo
El censo destas razas difire, sendo a máis numerosa a Cachena que conta con 4.195 animais y 149 gandarías, seguida pola Vianesa con 2.401 animais e 78 gandarías. A raza Caldelá suma 1.304 animais e 48 gandarías e, por último, as razas Limiá e Frieiresa contan con menos de 1.000 animais.