Poderán aspirar a estes galardóns calquera persoa física, española ou estranxeira, individualmente ou en grupo. Os traballos que opten aos premios serán de natureza experimental ou de revisión e inéditos (agás no premio laboratorios Boehringer Ingelheim á divulgación científica). A entrega de premios realizarase, en sesión pública, en xaneiro de 2017. Os premios convocados son os seguintes:
1. XI Premio da “Asociación Nacional de Veterinarios Jubilados”.
Tema: «Psicoloxía animal».
Dotación: 1.500 € e diploma.
2. X Premio “Ilustre Colegio Oficial de Veterinarios de Madrid”.
Tema: “Libre dentro do ámbito veterinario”.
Dotación: 1.500 € e diploma.
3. IV Premio Andrés Pintaluba, S.A. “Carlos Luis de Cuenca y Esteban”.
Tema: “Sustancias para a alimentación animal”.
Dotación: 1.000 € e diploma.
4. III Premio Laboratorios Ovejero.
Tema: “Libre dentro do ámbito veterinario”. Asociación Iberoamericana de
Academias de Ciencias Veterinarias (AIACIVET).
Dotación: 1.500 € e diploma.
5. VI Premio Instituto Tomás Pascual Sanz
Tema: “Análise estratéxico para a consolidación da cadea de valor do
leite en España nun entorno de mercado desregulamentado».
Dotación: 3.000 € e diploma
6. III Premio laboratorios Boehringer Ingelheim a la Divulgación Científica.
Tema: “Produción, Sanidade ou Benestar Animal”.
Dotación: 2.000 € e diploma
7. III Premio Fundación CESFAC.
Tema: “Alimentación animal”.
Dotación: 1.500 € e diploma.
8. II Premio Cárnicas Tello.
Tema: “As carnes e produtos do porco branco: excelencia gastronómica”.
Dotación: 2.000 € e diploma
9. II Premio SUPER FEED “Catedrático Mariano Illera Martín”.
Tema: “Endocrinoloxía e nutrición en veterinaria”.
Dotación: 1.200 € e diploma.
10. I Premio NUTEGA “Memorial Mariano García Martín”.
Tema «Novas achegas na alimentación do porco ibérico»
Dotación: 2.000 euros e diploma
1. Os aspirantes, persoas físicas españolas ou estranxeiras, tanto individuais como en grupo, só poderán presentar un traballo no premio ao que opten. Os traballos que aspiren aos diferentes premios convocados, deberán estar en poder da Secretaría desta Corporación (Real Academia de Ciencias Veterinarias de España, Mestre Ripoll, 8. 28006 Madrid, España), antes das 24 horas do día 30 outubro de 2016. En ningún caso se identificará, implícita ou explicitamente, o autor ou autores do traballo.
2. Os traballos que opten aos premios serán de natureza experimental ou de revisión, inéditos, (salvo no Premio laboratorios Boehringer Ingelheim á divulgación científica, cuxos requisitos se indican no apartado 16 das presentes bases), redactados especificamente para esta convocatoria e non poderán ser presentados a outros premios.
2. 1. Como estímulo á análise do estado das ciencias veterinarias, apreciaranse especialmente as revisións sobre un contexto científico propio (pasado, presente e futuro dunha liña de investigación) relacionado coas ciencias veterinarias e afíns.
2.2. No mesmo sentido, acéptanse nestas basees traballos de investigación histórica en todas as súas modalidades, relacionados coas ciencias veterinarias.
3. Formato.- Deberán estar escritos a computador, en castelán, cun resumo en inglés, en letra Arial 12 puntos en formato UNE A-4, a espazo e medio e presentados por duplicado, en papel, encadernados para formar un volume ou máis no seu caso. Así mesmo presentarase unha copia en soporte informático, formato PDF. Recoméndase que conteña os seguintes apartados:
a. Título conciso.
b. Resumo en castelán e inglés, dun máximo de 250 palabras.
c. Introdución, breve e documentada, onde se limitará con claridade a hipótese desenvolvida ou os fins e obxectivos que se perseguen.
d. Exposición do material e métodos empregados.
e. Resultados, discusión crítica e conclusións.
f. Bibliografía citada.
(…)
Toda a información aquí