Documento de recomendacións da OIE para os servizos veterinarios nacionais.
A Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) desenvolveu as presentes directrices sobre xestión de desastres e redución dos riscos en relación coa sanidade, o benestar animal e a saúde pública veterinaria coa meta de reforzar as competencias dos Servizos Veterinarios nos Países Membros.
Os desastres recentes resaltan a necesidade de reunir todos os compoñentes da xestión de desastres en plans de resposta coherentes a nivel nacional e internacional a través nun enfoque multidisciplinario con miras a obter unha eficiencia e eficacia óptimas.
As directrices da OIE empregan unha formulación que engloba todos os riscos en materia de xestión de desastres desastres, xa sexan naturais, causados polo home e tecnolóxicos, e suxiren unha ampla participación das partes interesadas tanto do goberno como da sociedade civil, adaptando as súas intervencións ás necesidades locais e rexionais.
Así mesmo, defenden a integración das medidas de xestión de desastres e redución dos riscos propias aos Servizos Veterinarios nacionais en redes e políticas de resposta máis amplas en termos de xestión de desastres e de resiliencia, é dicir, aquelas que promoven a saúde e o benestar dos animais, protexen a saúde humana e ambiental e axudan aos Países Membros a restaurar e reforzar as condicións económicas e sociais tras unha desastre.
O documento completo pode consultarse a través desta ligazón
http://www.oie.int/fileadmin/Home/esp/Animal_Welfare/docs/pdf/Otros/Gestiondesastres-ESP.pdf