Iniciativa conxunta da Asociación Veterinaria Mundial e a Asociación Médica Mundial.
Subliñar a importancia do concepto “unha soa saúde” como punto de encontro para a integración de esforzos desde unha perspectiva multidisciplinar que garantan unha óptima saúde para persoas, animais e o medio ambiente, é o obxectivo fundamental da iniciativa “One Health Day”.
A Asociación Veterinaria Mundial (WVA) e a Asociación Médica Mundial (WMA) promoven a celebración este 3 de novembro do “One Health Day” para estimular a relación e as colaboracións entre ambos os dous sectores, coa fin de mellorar a resolución dos desafíos globais da saúde no planeta.
O concepto “Unha soa saúde” foi introducido a comezos da década do ano 2000, resumindo en poucas palabras unha noción coñecida desde hai máis dun século: que a saúde humana e a sanidade animal son interdependentes e están vencelladas aos ecosistemas nos cales coexisten.
Máis información na web da Asociación Veterinaria Mundial (WVA)