Publicación da Fundación para o Benestar Animal (AWF).
“Cando os animais son maltratados, a xente tamén está en risco; e cando as persoas son matratadas, os animais tamén están en risco”. Baixo esa reflexión aparece esta guía editada pola Animal Welfare Foundation, centrada no maltrato animal, e tratando de axudar a facer luz sobre os desafíos que enfronta a profesión veterinaria neste eido, onde ás veces se cruzan diferentes conceptos, como son a crueldade, o maltrato ou a neglixencia. O documento quere axudarlles aos profesionais a diferenciar e a afinar os criterios ao respecto. A guía fai un repaso das responsabilidades do profesional veterinario acerca do benestar animal, define os tipos de maltrato e como recoñecelos, ofrece unha visión de conxunto sobre as conexións entre maltrato á infancia, maltrato animal e abuso doméstico e explica a importancia dunha aproximación múltiple ao problema.