Reflexións desde o Dereito sobre o delito de abandono de animais

O Consejo General de la Abogaciá Española mantén no seu espazo web un blog sobre “Dereitos dos animais”.

O blog recolle este mes de xullo un artigo sobre o delito de abandono de animais. Lembremos que o novo delito de ABANDONO DE ANIMAIS (antes considerado falta) ten tan só un ano de vixencia (desde o día 1 de xullo de 2015) e por iso, sinala o autor, resulta aínda imposible a existencia dunha liña xurisprudencial respecto diso, de modo que é agora o momento de poder cuestionarnos as posibilidades que se lle presentan ao avogado á hora de argumentar a aplicación deste novo delito, recollido no artigo 337 bis do Código penal, introducido pola Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo.

O obxecto deste artigo está en expornos a posibilidade de que o delito de malos tratos animais poida ser cometido en concurso co delito de abandono de animais nos casos nos que existindo un previo abandono, o animal termine sufrindo lesións graves ou falecendo como consecuencia precisamente dese abandono; xa se trate de concurso real (dous feitos distintos, un delito de abandono e un delito de malos tratos), concurso ideal (un mesmo feito considerado simultaneamente os dous delitos) ou concurso medial de delitos (o delito de abandono é o medio para cometer o delito de malos tratos).

O artigo vai asinado por David Sánchez Chaves, presidente del Grupo Especializado de Derecho Ambiental y Animal del Colegio de Abogados de Granada, abogado y Técnico Superior en Gestión del Medio Natural.

Pode consultarse aquí:

http://www.abogacia.es/2016/07/15/el-delito-de-abandono-de-animales-eventuales-situaciones-de-concurso-delictivo-con-el-delito-de-maltrato-animal/