Máis de 137 mil cans e gatos recollidos en España o ano pasado

A taxa de abandono permanece elevada, cun total de 104.501 cans e 33.330 gatos recollidos durante 2015.

Estes números, recollidos pola Fundación Affinity, indicarían que a taxa de abandono e/ou perda de animais está en 22 cans e 7 gatos por cada 10.000 habitantes. O abandono afecta o 1,7% dos 6.100.000 de cans e o 1% dos 3.600.000 gatos que se estima viven en España.

O informe recentemente publicado pola Fundación indica que o abandono e perda de cans e gatos constitúe o principal problema de benestar dos animais de compañía en España. Con todo, obsérvase unha tendencia á baixa na cifra de animais que chegan a refuxios e protectoras ao longo dos últimos sete anos. Aínda así, é un descenso modesto, sobre unhas cifras que, subliñan desde Affinity, son aínda moi elevadas.

Se temos en conta que non todas as familias teñen un animal de compañía na casa, as cifras son aínda máis preocupantes: “O abandono é un problema estrutural, que demanda unha maior intervención e cooperación de todos os axentes, públicos e privados, implicados na súa prevención”, afirman desde a fundación.

Algunhas cifras clave
• O 20,4% de animais recollidos nos refuxios e protectoras fóronlle devoltos aos seus propietarios. Esta cifra aumentou nos últimos anos e supón un aumento de case nove puntos porcentuais en relación ás de 2008. En todo caso, existen importantes diferencias entre cans e gatos.
• O 25,9% dos cans recollidos por refuxios e protectoras de animais retornaron aos seus propitarios, cifra que indica un incremento de case doce puntos porcentuais respecto ás de 2008.
• Pola contra só oi 3,3% dos gatos recollidos por refuxios e protectoras retornaron aos seus propietarios
• En conxunto, o 19& de todos os animais que chegan a un refuxio sonlle devoltos aos propietarios
• Só o 31,2% dos cans e o 3,1% dos gatos que chegan a un refuxio están correctamente identificados con microchip
• O abando ou perda de animais é un fenómeno que se produce en todas as épocas do ano, un dato que contrasta coa opinión moi difundida na sociedade de que os cans son abandonados sobre todo antes das vacacións de verán. As cifras indican que a entrada de cans en refuxios e protectoras é moi estable ao longo do ano. Non así no caso dos gatos, onde a diferencia se debería entre outros á estacionalidade do seu ciclo reprodutor.

O informe completo (.pdf)

Resumo infográfico