A Federación Veterinaria Europea emite un comunicado onde subliña a compatibilidade do benestar animal co uso prudente dos antibióticos.
No seu comunidado, a Federación Veterinaria Europea (FVE) sostén o seguinte:
A resistencia aos antibióticos é unha ameaza moi grave para a saúde humana e animal e unicamente pode ser analizada a través da coordinación internacional de todos os esforzos baixo o concepto “One Health”. Promover o uso responsable e a redución da cantidade de antibióticos que se usan en persoas e animais en todo o mundo é vital para manter a eficacia dos antibióticos para combater as enfermidades bacterianas en animais e humanos. Os animais ben coidados e criados en aloxamentos axeitados experimentarán un mellor benestar e serán menos propensos ás infeccións e en consecuencia necesitarán menos antibióticos. Os profesionais europeos da veterinaria, que teñen un papel clave na saúde animal, benestar animal, seguridade alimentaria protección ambiental e o coidado sostible de animais, comprométense a tomar o liderado na loita contra a resistencia antimicrobiana.
(…)
Sostén a FVE que non é incompatible o uso prudente e responsable de antibióticos cun axeitado nivel de benestar animal que, de feito, reduce o estrés e a susceptibilidade diante das infeccións
A FVE acolle 44 organizacións veterinarias nun total de 38 países, sumando arrendor de 240 mil profesionais veterinarios.
O documento completo pode consultarse aquí:
http://www.fve.org/uploads/publications/docs/063_fve_aww_position_on_resistance_and_animal_welfare_final.pdf