‘One Health Day’, a importancia do Día Mundial ‘Unha saúde’

O concepto “One Health” é un movemento para forxar a colaboración na investigación e as ciencias aplicadas entre especialistas de saúde ambiental, profesionais da saúde, médicos, veterinarios, produtores de alimentos humanos e científicos sociais, dentistas, enfermeiras, agricultores e moitas outras disciplinas relacionadas. Xa en 2010, o Banco Mundial recoñeceu e publicou os documentos que apoian os beneficios dun enfoque Unha Saúde na prevención da enfermidade, a saúde pública e a seguridade global.

Nesta liña, convocouse para o 3 de novembro a individuos e grupos de todo o mundo, desde académicos a estudantes, empresas sen ánimo de lucro e profesionais establecidos, que terán a oportunidade de poñer en práctica proxectos de saúde e eventos especiais baixo os auspicios deste «Day One Health.»

«Moitos prominentes científicos, médicos, veterinarios e outros profesionais da saúde están a apoiar o concepto One Health”, indicou a doutora Laura Kahn, cofundadora da One Health Initiative Autonomous pro bono Team. «O enfoque Unha Saúde está a ser cada vez máis aceptado por numerosas organizacións internacionais importantes orientadas á saúde, como a Organización Mundial da Saúde, a Asociación Médica Mundial, a Asociación Mundial Veterinaria, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, a Organización Mundial de Sanidade Animal, e moitos outros”.

O concepto Unha Saúde é unha estratexia mundial para a saúde do planeta. As sinerxias interdisciplinares farán avanzar a saúde no século XXI e máis aló mediante a aceleración da investigación biomédica sobre os temas que se atopan na interconexión de moitas disciplinas, a mellora da educación médica e a atención clínica. Cando se implemente correctamente, One Health axudará a soster a biodiversidade, protexer o planeta e salvar a moitos millóns de vidas das nosas xeracións presentes e futuras.

Máis información na web da Asociación Mundial Veterinaria e na web www.onehealthday.org