A guía foi elaborada por un equipo multidisciplinar de expertos de todos os ámbitos da sanidade animal.
Seguindo os pasos ás guías de uso responsable de medicamentos veterinarios por especie animal xa publicadas: Animais de compañía, apicultura, porcino e équidos, a iniciativa VetResponsable acaba de editar unha nova guía, elaborada por un equipo multidisciplinar de expertos de todos os ámbitos da sanidade animal en España (industria de sanidade animal, Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, sectores produtores, organizacións veterinarias, entre outros).
Esta guía constitúe unha ferramenta de gran utilidade especialmente para os profesionais veterinarios polo seu decisivo papel na correcta prescrición e uso dos medicamentos, converténdose nun documento de consulta na súa práctica diaria, o que sen dúbida contribuirá ao mantemento dos beneficios dos medicamentos en bovino.
O Presidente do Consello de Colexios Veterinarios de España, Juan José Badiola, encargado de prologar a publicación, pon de manifesto que «o veterinario atopará nesta guía un documento de doada consulta a través do cal poderá coñecer dunha forma sinxela aspectos como o proceso de autorización e rexistro dos medicamentos veterinarios que garante a súa calidade, seguridade e eficacia, as características do sistema de farmacovixilancia veterinaria e as súas responsabilidades no mesmo, así como directrices para facer un uso responsable dos medicamentos, entendendo este como un conxunto de medidas que abarcan desde a adecuada prevención, pasando por un correcto diagnóstico, tratamento e uso, entre outros aspectos de interese».
Podes descargar a guía aquí:
Guía de uso responsable de medicamentos veterinarios en bovino (.pdf/14,8 MB)