As actuacións das diferentes unidades da Garda Civil e principalmente do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) deron lugar á tramitación de mais de 119.000 infraccións administrativas e de 2007 delitos contra o Medio Ambiente durante o ano 2015.
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil detivo ou investigou a 2274 persoas pola comisión de infraccións penais contra o Medio Ambiente no pasado 2015. Neste balance anual pódense diferenciar por unha banda as infraccións administrativas e por outro as infraccións penais.
Hai que destacar como en anos anteriores que moitas destas actuacións foron propiciadas pola colaboración cidadá establecida a través de chamadas aos teléfonos de atención e correos electronicos das diferentes Unidades do Corpo.
Infraccións Administrativas
No apartado de infraccións administrativas destacan as infraccións á normativa sobre residuos e verteduras con 26.086 actuacións, as relativas á normativa sobre pesca 14.731, as actuacións en materia de sanidade animal e epizootias 11.712, as relativas a animais de compañía 10.793 e as actuacións sobre a normativa de caza 9.350.
Tamén son de destacar neste apartado as 5914 infraccións relativas á normativa sobre espazos naturais, flora e fauna, 4965 sobre a normativa de montes, 4302 infraccións sobre a normativa de alimentos, 4085 infraccións sobre augas, 4010 infraccións sobre costas, 3800 sobre a normativa de animais perigosos , 3630 infraccións sobre normativa acampadas/aloxamentos turísticos e 2430 sobre infraccións á normativa de urbanismo/ordenación do territorio.
Infraccións Penais
Os datos sobre infraccións penais sinalan un total de 2007 delitos vinculados ao medio ambiente, cuns resultados de 2171 persoas investigadas/detidas.
Neste apartado destacan 476 delitos de malos tratos ou abandono de animais domésticos , os delitos de incendio forestal e 176 delitos contra a ordenación do territorio.
Por baixo destes atoparíanse outros delitos relativos á protección da flora e a fauna, os delitos de caza, outros delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e os delitos contra o patrimonio histórico.
No concernente a outros delitos vinculados a actuacións relacionadas co medio ambiente, merecen unha mención especial os delitos contra a saúde pública con sustancias nocivas ou produtos químicos, os delitos contra a saúde pública con produtos alimenticios e a distracción de augas públicas do seu uso, sumando entre as condutas descritas 87 delitos.
Tamén durante o pasado ano 2015 foron denunciadas como faltas penais relativas ao medio ambiente un total de 498, entre as que destacan as relacionadas co descoido de animais feroces ou daniños (35%),as de malos tratos ou abandono de animais domésticos (18%) e as referidas ás alteracións de termos e lindes, sinais ou mouteiras (6,9%).