Protexendo os animais, preservamos o noso futuro: Os sectores da saúde humana e da saúde animal colaboran para protexer a saúde e garantir a seguridade alimentaria e a inocuidade dos alimentos.
A Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) publica unha infografía na que se destaca esa colaboración entre os sectores da saúde humana e a sanidade animal.
A infografía salienta por que os veterinarios son unha parte esencial do concepto “Unha Saúde” e achega o dato de que o 60 por cento dos patóxenos humanos son de orixe animal, aparecen cada ano cinco novas enfermidades humanas e que o 20 por cento das perdas de produción animal está causado por enfermidades.