Xornada gandeiros-veterinarios de análise do sector vacún de leite

Reunidos por iniciativa de Bayer en Madrid recentemente, representantes do sector veterinario e do sector gandeiro debateron sobre o momento actual e o futuro do sector vacún de leite.
Este é o DECÁLOGO DE CONCLUSIÓNS da xornada

1.- O sector é crítico co seu modelo de estrutura; o peso específico trasladouse á distribución e afástase de produtores e transformadores.

2.- A flutuación nos prezos pagos por litro de leite xera situacións límite nos gandeiros e o peche paulatino de explotacións.

3.- O esforzo dos gandeiros cara á profesionalización e produtividade non se traslada en valor aos seguintes elos da cadea. A eficiencia da explotación non ten unha continuidade na eficiencia do sector.

4.- Identifícase a unión entre gandeiros como a súa maior forza potencial para mellorar a situación, fronte á contradición de que o mercado incentiva a competencia entre eles.

5.- Destácase a figura do veterinario como xestor e garante da integridade dunha explotación.

6.- O labor do veterinario excede o clínico e a saúde animal e abarca seguridade alimentaria, benestar animal e medio ambiente.

7.- Retos para o veterinario: mellorar en prevención e en tratamento de enfermidades dunha nova maneira. Prevense restricións no uso de medicamentos e incorporación de novas tecnoloxías na xestión das explotacións.

8.- O benestar animal como o mellor investimento en produtividade e en calidade do produto.

9.- Urxe comunicar: Poñer en valor o produto, a súa calidade e os seus beneficios, e potenciar os produtos locais.

10.- O novo consumidor incorporou novos valores éticos e sociais, e hai que darlle a oportunidade de elixir con plena información. Un consumidor informado é corresponsable e elimina a barreira do prezo.

Documento de conclusións