Modificacións no temario do proceso selectivo de veterinarios da Xunta

Publicouse a Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o temario que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no seu artigo 56.2 que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e/ou prácticas e deberán permitir determinar a capacidade das persoas aspirantes e establecer a orde de prelación entre elas. Nos procesos selectivos coidarase especialmente a conexión entre o tipo de probas que hai que superar e a adecuación ao desempeño das tarefas das prazas convocadas.

O programa que rexeu o último proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, aprobouse pola Orde do 19 de abril de 2004 (DOG núm. 81, do 28 de abril).

Realizada unha revisión que recolle tanto as últimas reformas lexislativas acaecidas como as melloras técnicas que sobre o seu contido se estimou preciso realizar, cómpre aprobar o programa que rexerá nas futuras convocatorias e dalo a coñecer con antelación.

O detalle pode consultarse aquí:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160314/AnuncioCA01-080316-0001_gl.pdf