NORMAS COLEXIAIS – ESTATUTOS DO COLEXIO DE VETERINARIOS DA CORUÑA

O Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña é unha corporación de dereito público, recoñecida pola Constitución e amparada pola lexislación estatal e autonómica vixente en materia de colexios profesionais, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 16 que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen máis límites que os establecidos polo ordenamento xurídico. O artigo 18 da mesma norma establece a obrigatoriedade de comunicar á consellería competente en materia de colexios profesionais os estatutos aprobados, así como as súas modificacións.

Dando cumprimento a esta disposición, o Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña acordou, en asemblea xeral, que tivo lugar o 14 de xuño de 2012, a aprobación dos seus estatutos que foron presentados ante esta consellería para os efectos da súa aprobación definitiva, despois da cualificación de legalidade, en cumprimento do establecido no artigo 18 da Lei 11/2001, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No DOG de 30 de novembro de 2012, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza divulgou a ORDE do 8 de novembro de 2012 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.

Os estatutos completos poden descargarse pulsando aquí.