A Organización Colexial Veterinaria é unha administración corporativa autoxestionada que vela pola deontoloxía profesional, as tarefas desenroladas polos profesionais veterinarios, o avance científico na saúde animal, na produción animal, a seguridade alimentaria e o control das zoonoses transmisibles á especie humana.

O Ilustre Colexio de Veterinarios de A Coruña foi fundado polo ilustre veterinario D. Juan Rof Codina tras adapta-lo existente sindicato de veterinarios á lexislación dimanada do Goberno de Primo de Rivera. Conta con 950 colexiados que abranguen coa súa experiencia profesional tódalas áreas da veterinaria.

De acordo coa lei Omnibus sirve de árbitro e referencia nos conflitos entre profesionais, ou con os consumidores.

O seu traballo faise en comisións: Comisión Deontolóxica, encargada de velar polo complemento do Código Profesional. Comisión de Formación, dedicada a preparar os cursos, seminarios e conferencias que permiten estar ao día aos nosos colexiados. E comisións de especialidades e defensa profesional.